Friday 17 de May de 2024

A Aula Cemit de Brión acollerá o próximo luns 6 de febreiro unha charla sobre os dereitos dos consumidores en telefonía móbil


A Aula Cemit do Concello de Brión acollerá o próximo luns 6 de febreiro, de 11:00 a 12:00 horas, unha charla sobre telefonía móbil. Trátase dunha charla informativa sobre os dereitos dos consumidores neste campo e que será impartida por videoconferencia por técnicos da Escola Galega de Consumo da Xunta de Galicia.

Na charla analizaranse os conceptos que hai que ter en conta na contratación coas compañías de telefonía móbil: tipos de tarifas, permanencias, portabilidades… Tamén se analizarán as principais irregularidades que se producen no sector: na facturación, na prestación do servizo ou no incumprimento do contrato (roaming, SMS Premium, subscrición a chamadas non solicitadas, modificacións contractuais…). Finalmente, analizaranse as principais reclamacións en materia de telefonía móbil.